fobia

Temor morboso e obsesivo a certas situacións ou circunstancias e a certos obxectos que realmente non presentan perigo

Etimoloxía

Préstamo do francés phobie co mesmo significado que nos leva ao grego phóbia ‘temor’.

Exemplos *

“Témome que a resposta non é correcta, Napoleón o que tiña era fobia aos gatos.” (Xosé Luís Martínez Pereiro: Carne de estatua, 2001)

“Os nosos medos e fobias tamén responden á ausencia de final. Se o excesivo número e detalle de traxedias e sinistros provocan altas doses de ansiedade, non menos asustador é o descaro con o que aparecen e desaparecen das nosas sobremesas guerras, catástrofes ecolóxicas, asasinos en serie, etc.” (Susana Rey: A Peneira, nº 43, 7-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.