fogar

Casa familiar.

Etimoloxía

Remite ao latín focus, -i ‘lume’, pero en concreto, apúntase que evolucionase desde unha forma do latín hispánico focaris.

Exemplos *

“A Biblia di de nós que debemos ser pedras vivas para a construción da Casa, neste caso o fogar de Breogán, Galicia.” (Xosé Chao Rego: A meiga e os frades. Lenda do Pedregal de Irimia)

“… o galego é a lingua nosa, o noso fogar, a lingua que nos dá a vida, mesmo a aquelas persoas que falando en castelán nacen e viven en Galicia.” (María Reimóndez: Tempos Novos 10-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.