Que é moi apaixonado no amor.
Etimoloxía
Adxectivo creado sobre fogo que vén do latín focus, –i 'lume, estufa'.
Exemplos *
"Supoño que sabedes das visitas que recibo a cotío dese fogoso Bernardo, pois aquela xanela vosa dá á horta que me ten arrendada o Príncipe Escala." (Roberto Salgueiro González: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado)
"Escolleu a un rapaz novo e fogoso, dos que aínda eran capaces de acender os ollos diante duns peitos nus e procuraban deleitar ás súas amantes." (Francisco A. Vidal: A derradeira decisión)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


