Cantidade de leña que se lle bota ao lume dunha vez
Etimoloxía
Voz derivada sobre “fogueira” que procede do latín focariam ‘do lume’.
Exemplos *
“Paréceme que está feito de madeira ben seca e seguro que, se o boto no lume, hame dar unha boa fogueirada para o asado.” (Carlo Collodi: As aventursa de Pinocchio [trad. Antón Santamarina], 1987)
“Xúntanse todos arredor dunha gran fogueirada de toxo, carballo, e coza. Aluméanse coa lus do candil. No cano da chiminea aúla o vento.” (Ánxel Fole: Á lus do canil [Salvador Lorenzana, limiar de 2012], 1953)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.