fogueteiro, -a

Persoa que fabrica, vende ou se encarga de botar foguetes.

Etimoloxía

Creado sobre a palabra foguete e esta provén do catalán coet 'foguete' derivado dun antigo coa que viría do latín coda, –ae 'rabo'.

Exemplos *

"… ir á casa de Florinda a Fogueteira era un regalo pra os ollos; aquela casa que era sempre unha casa nova, que nunca tiña as cousas no seu sitio, abría no maxín un porteliño cara a infinda variedade de casas que habería lonxe do meu mundo de neno." (Xosé Filgueira Valverde: Quintana viva)

"A banda de música selou o acto cun concerto de pasodobres e o fogueteiro de Alvedro, Manuel Castelo Pan, fixo estoupar unha ducia de bombas de palenque." (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.