Pasta alimenticia feita inicialmente con fígado de ganso ou pato e despois a partir doutros animais.
Etimoloxía
O francés foie procede do latín ficatum, -i 'fígado', mentres que gras chegou de grassus 'graxo'.
Exemplos *
"Sabe por que hai tantas gaivotas e muxos nesta cidade. Porque se alimentan de paciencia. Os sumidoiros van cheos de paciencia. Fixo o aceno de chamar ao camareiro e dixo: Póñame un foie-gras de paciencia." (Manuel Rivas: Os libros arden mal)
"Linlle nalgures a Margaret Atwood que interesarnos por un escritor porque nos gusta o seu libro é como interesarnos polos parrulos porque nos gusta o foie-gras, pero isto sería como admitir que hai que pagarlles aos parrulos as mesmas cantidades en dereitos de autor que a, por exemplo, Margaret Atwood …" (Roberto G. Méndez: Galicia Hoxe 02-03-2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.