Cantidade de neve caída
Etimoloxía
Palabra creada desde “folerpa” e esta, á súa vez, probablemente sobre “fol”, que vén do latín follis ‘bolsa’.
Exemplos *
“Ten que vir algunha folerpada por aí, ten que ser así, porque se di: se pasas o entroido quente, pola pascua bates os dentes.” (Emilio Araúxo: Cinsa do vento. Libro da Ribeira Sacra, 1996)
“Pero aquilo, a neve así caíndo en papeles deses, esa folerpada que cae, aquilo vai empastando e forma unha pasta, e despois aquilo pesa se se deixa.” (Xosé Henrique Costa González: Aproximación lingüística á fala de Vincios (Val Miñor), 1986)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.