Persoa ou animal que está sen facer nada ou con pouco traballo
Etimoloxía
Participio pasado do verbo “folgar” que chega desde o latín tardío follicare ‘respirar’, ‘alasar’.
Exemplos *
“Polas tardes as praias, antes desertas, enchíanse de mozos folgados que torraban os seus corpos aínda brancos e por tódalas rúas da vila circulaba agora unha cantidade importante de xente que logo buscaba refuxio baixo as pedras sempre húmidas do paseo do peirao.” (Xavier Manteiga: Morrer na herba, 1995)
“Pulpeiro seguiu ao sarxento por un corredor máis angosto, que terminaba sen saída nunha parede branca. Alí había outro garda sentado nunha cadeira, folgado.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.