folía

Diversión alegre e barullenta

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do francés folie 'loucura'.

Exemplos *

“Son monumentos histórico-artísticos, patrimonio arquitectónico, paisaxístico e medioambiental; porén, tamén se acudía e se acode porque neles houbo e hai vida, espazos de encontro, de traballo e reparto, de brincadeira, e enxamea e folías.” (Manuel X. Xiráldez González: Novas do Eixo Atlántico, nº 14, 2-2015)

“Niso distinguíase dos outros párrocos da bisbarra, que non permitían que nas súas freguesías se organizase ningún tipo de folías por medo ás continuas ameazas de excomuñón dos severos visitadores pastorais do arcebispado.” (Xosé Mª Lema: Costa Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.