folieiro, a

Amigo de divertirse e andar de festa

Etimoloxía

Termo derivado que toma coma base “folía” que se relaciona co vocábulo francés folie ‘loucura’ e, á súa vez, vincúlase coa palabra latina follis ‘fol’.

Exemplos *

“A distancia entre a Praza do Convento de Meira e a Casa do Pobo da parroquia begontesa do Castro anda preto dos 50 quilómetros, mais o sábado esvaeceuse grazas a un espírito común, o dos folieiros e das folieiras que gozaron de celebracións inspiradas naquelas festas de sempre.” (C.P.R. e T.L: El Progreso, 18 -2- 2018)

“(...) nunha ocasión librámonos de que nos collesen en acción misturándonos cun grupo de folieiros que ían cantando e berrando pola rúa ás tantas da mañá.” (Manuel Anxo Laxe Freire: Loita e morte, 1986)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí