folión

Grupo de mozas e mozos que saen armados con bombos, sachos, aixadas etc., facendo moito barullo e animando as rúas nos días de Entroido.

Etimoloxía

Deriva de folía, que se considera descendente do francés folie 'loucura'.

Exemplos *

"Para hoxe, venres pola noite, está prevista na localidade de Laza a celebración do tradicional 'gran folión', coa participación de "chocos, viños e mailos correspondentes fachóns"." (O Correo Galego 24-02-1995)

"Numerosos actos paralelos arroupan o festexo […], que pretenden incrementar cos folións do entroido, propios da zona …" (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.