folleto

Obra impresa, cun mínimo de catro follas, que non chega a ser propiamente un libro e xeralmente ten carácter explicativo ou publicitario

Etimoloxía

Termo que é unha adaptación do equivalente italiano foglietto ‘folla de menor tamaño’ ou ‘folleto’.

Exemplos *

“A primeira actividade que sairá á rúa de contado é un folleto cos contidos literarios e artísticos do devandito acto de Boisaca.” (Helena Villar Janeiro: A Voz de Vilalba, 3-2013)

“A capitana non sabía moi ben se confesarlle que todo era un conto e que non existía tal tesouro, pois o libriño non era máis que un folleto impreso por un grupo de bromistas do círculo do Marqués de Mirás, alá en Lugo.” (J. Daniel Buján Núñez: A pirata Penamoura, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.