Paxaro de pequeno tamaño da familia dos sílvidos, insectívoro, coa plumaxe de cor verde oliva e do que existen varias especies
Etimoloxía
Termo que se forma sobre o vocábulo “fol”, este vén do latín follem de significado semellante. O nome científico da especie é Acrocephalus melanopogon.
Exemplos *
“Debido a este ecosistema, aves como a píllara papuda, a garza real, a folosa das canaveiras, o pilro tridáctilo e o pato frisa, escollen este sitio como lugar de paso ou como hábitat para vivir.” (Kesia Galdo: Nós Diario, 19-3-2023)
“A folosa grande dende o interior dos canavais deléitanos co seu potente canto musical.” (Diego R. Vieites: La Voz de Galicia, 17-6-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.