Hospedaxe de características máis modestas ca un hotel e máis barata.
Etimoloxía
Crese que procede do francés fonde 'hospedaxe de mercadores' e este do árabe fúndaq 'hospedaría'.
Exemplos *
"Agardamos a Octavio, que se achegou á fonda na que aparecera o cadáver de Florita e que volveu sen nada " (Ramiro Fonte: As regras do xogo)
"Aceptou Tarrío, vendo como a súa Carmiña lle gobernaba a fonda sen apuros, e reclamou o fillo primoxénito" (Xavier Alcalá: Latitude austral)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.