fondal

Parte máis baixa dun terreo en pendente, en particular o extremo dunha leira que está situado na parte máis baixa desta

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “fondo” que vén do latín fundu con significado semellante.

Exemplos *

“Despois, acordou volver para a casa. Pasou moi serio polo fondal de Lagoa, cruzou o rego dos Mouros, subiu polo carreiro das Rozas e foi ata o seu curral.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda / O milagre que lle pasou ó Eladio, 2012)

“Cruzamos unhas calexas empedradas e tomamos un camiño que ascendía suavemente polo fondal dunha serra. O camiño estaba pouco iluminado pero isto non impedía o continuo tránsito de embozados.” (Antonio Rodríguez López: As reliquias, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.