Conxunto de libros, documentos ou obras de arte que pertencen a unha biblioteca, museo ou outra entidade.
Etimoloxía
Tomouse do latín, onde a forma da palabra era fundus, -i.
Exemplos *
"Eu estou seguro de que, se ós que posuímos unha biblioteca dunha certa envergadura, se nos rexistrasen pacientemente os nosos fondos habían aparecer cousas que non nos pertencen, e aquí un servidor é o primeiro en desconfiar de si mesmo." (Anxo Tarrío Varela: O Correo Galego 19-02-1995)
"… comenta, entre outras, obras de creación literaria que veñen sendo traducións de novelas estranxeiras, mostras da nova narrativa española, últimas publicacións de poesía, e asemade os fondos esquecidos da Biblioteca Municipal de Ourense." (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco).
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.