Conxunto de libros, documentos ou obras de arte que pertencen a unha biblioteca, museo ou outra entidade
Etimoloxía
Palabra que procede do latín fundus ‘anaco de terra’, ‘propiedade’.
Exemplos *
“O intercambio de publicacións , como modo de incrementa-lo fondo da biblioteca, refírese e é propio daquelas bibliotecas onde predomina o carácter científico e de investigación e amais están integradas como parte dun Centro de Ensino ou Investigación.” (Lois Arribas: ¿Que é unha biblioteca?, 1989)
“Todos os fondos da Academia están completamente informatizados. Hai un traballo escuro, pero esgotador, dun académico como Gil Merino que está botando alí a súa vida. Hoxe a Academia está aberta, e os ficheiros á vista.” (AA.VV.: Tempos Novos,1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.