Aparello formado por unha pequena caixa de resonancia conectada a uns auriculares, que se emprega en medicina para escoitar os sons internos do corpo humano ou animal, especialmente na súa cavidade torácica.
Etimoloxía
Creación neolóxica do XIX que se basea nos termos gregos phonos 'son' e mais endo 'dentro' e skopium 'examinar'.
Exemplos *
"O médico mandou espir a Moncho, que estarreceu ó sentir o frío contacto do fonendoscopio no seu peito." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)
"Don Gabriel Zambrano colle os aparellos e desabotoa a camisa do enfermo para lle auscultar co fonendoscopio o seu peito titánico." (Antón Riveiro Coello: Homónima)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.