Conxunto dos sons dun idioma en relación á súa pronuncia
Etimoloxía
Palabra que procede do termo grego phonetikós ‘relativo ao son’.
Exemplos *
“A súa preocupación levaríao a deterse na súa fonética, no seu léxico e mesmo a explicarnos: "Por qué debemos falar galego"” (Marga Romero Lorenzo: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)
“O resto, a maior xuntanza de actores galegos coa peor fonética galega escoitada.” (Roberto Pascual: Tempos Novos, 11-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.