fonoteca

Colección ou arquivo de documentos sonoros.

Etimoloxía

Composición froito da combinación do prefixo fono- 'son' que chega desde do grego phone, –es 'voz' e o prefixo -teca 'colección' que nace do latín theca, –ae 'caixa'.

Exemplos *

"A falta de fonoteca e "unha biblioteca ridícula" foron algunhas das carencias denunciadas pola deputada, quen recalcou o "seu escaso orzamento"." (O Correo Galego 08-02-2008)

"Os titulares dos dereitos de autor non poderán oporse ás reproducións das obras, cando aquelas se realicen sen finalidade lucrativa polos museos, bibliotecas, fonotecas, filmotecas, hemerotecas ou arquivos de titularidade pública." (Javier Díaz de Olarte: Novos retos para a propiedade intelectual. II Xornadas sobre a propiedade intelectual e o dereito de autor/a)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.