Persoa que se encarga de instalar, revisar e reparar os sistemas de condución de auga e de gas nos edificios
Etimoloxía
Palabra formada desde “fontana” que remite á voz do latín tardío fontana de significado semellante.
Exemplos *
“Porque igual que non cuestionamos o xeito de referírmonos á idade que imos facendo, asumimos lingüisticamente só algúns femininos de mulleres apoderadas, e as carpinteiras, fontaneiras ou bombeiras demostran que o noso soño igualitario era, en realidade, un soño de clase. Foi así como os femininos quedaron para os traballos de ricas ou para os traballos para precarias.” (Inma López Silva: Chámame señora, pero trátame coma a un señor. Memoria persoal do machismo na cultura, 2018)
“Se ben a presenza delas aumentou en postos técnicos e administrativos, hoxe en día seguen sen integrarse nos oficios da construción, é dicir, sen traballar a pé de obra. Búscanse carpinteiras, fontaneiras, electricistas, pintoras ou soldadoras.” (María Varela: Diario de Pontevedra, 9-11-2023)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.