Fonte pequena
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “fonte” que vén do equivalente latino fonte.
Exemplos *
“As fontenlas, as fontes e as correntes de auga sempre foron obxecto de culto entre as xentes da Gaule. Moitos dos lugares antigos de augas sagradas foron retomados para baños termais, e as fontes convertidas en augas terapéuticas.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida, 1998)
“Este modo de celebrar o abrollar do verán paréceme tan próximo que un pensa que os nosos románticos non fixeron senón beber desta fontenla tan saborosa.” (Suso de Toro: O país da brétama. Unha viaxe no tempo pola cultura celta, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.