forense

Médico que está adscrito a un xulgado de instrución para aplicar os seus coñecementos a cuestións legais, e que ten como misión realizar autopsias, determinar as causas dunha morte, informar sobre as lesións sufridas por unha persoa etc.

Etimoloxía

Substantivación do adxectivo “forense” procedente do latín forensis ‘forense’.

Exemplos *

“A forense preparaba os seus informes e coordinaba gran parte da burocracia do Instituto de Medicina Legal desde moi preto, nun despacho do mesmo edificio onde se achaban a maior parte dos xulgados de Santander.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)

“Para a forense era un trago duro, confesoulles, que nunca pensou que lle depararía o seu traballo. E comprendía que moito máis o era para a familia, pero non quedaba outro remedio. Non tiñan que preocuparse, engadiu, sabían como debían proceder.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.