formación

Conxunto de coñecementos teóricos e prácticos adquiridos polo estudo e a experiencia, sobre unha materia determinada ou en xeral

Etimoloxía

Vocábulo culto que chega de formatio, -onis 'acción de formar'.

Exemplos *

“Esa situación convérteos, asemade, nas pezas que deben liderar, aproveitando esa formación elitista que o seu status lles permitiu, o movemento transformador cara a unha sociedade de iguais ” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire, 2005)

“Estaban dedicadas ós labores domésticos, ó coidado dos fillos, ós rezos relixiosos e pouco máis. A súa formación pouco máis ía de aprender a coser, a bordar ou a palillar.” (Xosé Mª Lema: Costa do solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.