formato

Tamaño e forma característica dunha obra impresa e dalgúns outros obxectos

Etimoloxía

Denominación que nos chega do francés format de significado semellante.

Exemplos *

“Non é casual que presenciemos a aparición de obras de formato moderno, con deseño vistoso e lixeiro, series que aluden á autoafirmación e á liberdade (Costa Oeste ou Fóra de xogo) e nas que se dá saída ós temas clave na mocidade).” (Silvia Gaspar: Tempos Novos, nº 30, 6-1997)

“Os lenzos, de distintos formatos, son produto dunha evolución de Olveira, sempre á procura de novas formas de expresión.” (Redacción: O Correo Galego, 20-2-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.