formigoneira

Camión que está provisto da máquina onde se prepara e mestura o formigón.

Etimoloxía

Deriva de formigón, forma de que non se coñece con certeza a súa orixe.

Exemplos *

“... saíanme as bágoas con facilidade de máis, tirei os lentes e pasei a manga pola cara sen deixar de mirar a estrada diante miña, un camión formigoneira que me quitaba moita visibilidade.” (Suso de Toro: Calzados Lola)

“Restablécese o tráfico cortado en Pontevedra por un camión. Unha formigoneira quedou atrapada na ponte pola que pasa o tren ó non comprobar a altura.” (Galicia Hoxe 23-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.