formigueiro

Conxunto de galerías e compartimentos, polo xeral subterráneos, onde viven as formigas / Conxunto de formigas

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “formiga” que vén do latín formica ‘formiga’.

Exemplos *

“Hai uns días permanecín uns minutos observando como se desprazaba unha caravana de formigas que ordenadamente ía penetrando no seu formigueiro.” (Óscar Lomba Álvarez: Galicia Hoxe, 13-3-2011)

“Din que as formigas vermellas son unhas criadoras extraordinarias. Que recollen eirugas de certa clase de bolboretas e lévanas aos formigueiros para coidalas e darlles alimento. Que o fan con tanto celo que mesmo deixan en segundo lugar as súas propias crías.” (David Otero: Nun bambán de non virar baldo, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.