forneiro, -a

Persoa que se dedica a amasar e a cocer pan nun forno

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “forno” que vén do latín furnus que significa ‘forno do pan’.

Exemplos *

“O pan ocupou sempre un lugar básico e, polo tanto, a profesión de forneiro era imprescindible.” (Anselmo López Carreira: Ourense no século XV. Economía e sociedade urbana na Baixa Idade Media, 1991)

“A carón da boca había unha morea de ramallos e paus de toxos cos que o forneiro mantiña o lume metendo unha mangada deles pola boca de cando en cando.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.