Revestir con forro.
Etimoloxía
Proponse que proceda do francés antigo forrer ou do catalán forrar, derivados de fuerre ou de foure, ‘vaíña ou estoxo dunha arma’.
Exemplos *
"Ten o feo costume de forrar os libros con papel de estraza." (Xosé Cid Cabido: Oralmente pola boca)
"… daquela conservaban todas nas camas as sabas de fío de Holanda do enxoval da avoa, que non lles invadiran aínda a casa coa terlenka, que axiña irrompería nas súas vidas co celofán, o airon-fix de forrar os libros …" (Teresa Moure: Herba moura)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.