Recinto fortificado
Etimoloxía
Vocábulo que remite ao occitano fortalessa con significado semellante e que nos leva ao latín fortis ‘forte’.
Exemplos *
“Pasado outro medio cento de anos ou máis un dos herdeiros desta nosa póla familiar principal construiría, aproveitando a cantería da vella fortaleza, unha fermosa mansión señorial e quedaría a vivir nela.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“Apenas serviría para manter unha semana os homes imprescindibles na mínima vixilancia da costa, nin sequera alcanzaría para realizar algúns arranxos que puidesen amañar superficialmente o aspecto das dúas pequenas fortalezas, o Forte de Areasgordas e o Forte de Darbo, como popularmente eran coñecidas.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.