Gran cantidade de diñeiro.
Etimoloxía
Vén da forma latina fortuna, -ae 'fortuna, sorte', derivado de fors, fortis 'forte'.
Exemplos *
"Durante unha tempada víronse na obriga de gastar unha fortuna en taxis e, como a reparación demoraba, os orzamentos da familia, non recuperados dos investimentos urxentes na casa, descenderon por debaixo do imprescindible." (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela)
"Toda esta fortuna que non me serve para pagar unha volta ó pasado vaime servir para deixar encamiñado o futuro de todos os que estiveron ó meu lado, para lanzar a uns á prosperidade e a outros para afundilos na miseria en que sempre viviron." (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.