fósil

Resto orgánico ou pegada dun organismo que se conserva petrificado nos estratos sedimentarios da codia terrestre.

Etimoloxía

A palabra procede do latín fossilis, -e 'sacado da terra', a partir de fossa, -ae 'escavación'.

Exemplos *

"… o resto fósil de cetáceo máis antigo coñecido até ese momento, chamárono Pakicetus (por telo descuberto en Paquistán)." (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña)

"O fósil pode pertencer á especie denominada Aceratherium Tetradactilum, considerada antecesora do rinoceronte actual …" (O Correo Galego 04-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.