foso

Escavación longa na terra / Parte situada debaixo do escenario dos teatros

Etimoloxía

Voz que bebe no italiano fosso, e este de fossa 'focha'.

Exemplos *

“Picallo: Ensancha, e cada vez é meirande o foso...” (Daniel Cortezón: Castelao ou a paixón de Galicia, 1989)

“Unha eirexa que chaman Santiago das Linternas, un adro cuberto, fosos de augas podres, e despoixas leguas e leguas de corredores, e milleiros de escadeiras, que van e veñen...” (Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet [introdución], 1958)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.