foto

Forma abreviada de fotografía

Etimoloxía

Elemento inicial da palabra “fotografía” que remite ao grego photo- ‘luz’.

Exemplos *

“Nunca retirou a súa foto da consola que tiña fronte por fronte da súa cadeira de brazos na sala de estar. Era unha foto de cando meu tío Eduardo andaba polos vinte e tantos anos.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / O tío Eduardo, 2014)

“Lucía lembraba unha viaxe que fixeran os seus pais a Cuba un par de anos atrás e as fotos daqueles pintorescos camións soviéticos utilizados como autobuses no interior da illa caribeña.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.