fotografar

Realizar a fotografía de alguén ou algo

Etimoloxía

Palabra creada sobre a base “fotografía” que é unha composición cos elementos foto- que remite ao grego ‘luz’ e grafía, de orixe grega tamén que significa ‘escrito’, ‘documento’ ou ‘descrición’.

Exemplos *

“Ninguén pode entrar na zona pechada pola policía e non se lle permite á prensa fotografar o cerco policial ou a actividade do operativo na zona.” (Judith Prat: Luzes, 1-2016)

“Para rematar as cousas, a franxa central da nosa galaxia da Vía Láctea fotografouse simultaneamente erguéndose dereitiña por tras do cumio cuberto de neve do monte Rainier.” (Dosi Veiga: GCiencia. O portal da ciencia galega, 8-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.