fotograma

Cada unha das imaxes dunha película de cine que, proxectadas sucesivamente, dan a impresión de movemento / Cada unha das imaxes, en negativo ou en positivo, dunha película fotográfica

Etimoloxía

Composición formadas polas partículas de orixe grega foto- ‘luz’ e estoutra -grama ‘carácter escrito’.

Exemplos *

“...quero que comprobedes que levaba cada un dos invitados a La Magdalena cando os rexistraron ao saír, por non mentar xa o rastrexo, fotograma a fotograma, de todo o audiovisual que teñamos da festa desa noite.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)

“A paisaxe é protagonista. A luz dos Ancares está en cada fotograma de exteriores. Na noite, dentro das vivendas, soberbia fotografía de Bertitxi. A música de Zeltia Montes xorde da vizosidade e envolve tamén como a neve o inverno da historia.” (J. Carou: Sermos Galiza, 22-6-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.