fotoxénico, -a

Que ao ser reproducido en fotografía ou en cine sae ben ou favorecido

Etimoloxía

Termo que chega desde o equivalente francés photogénique de significado semellante.

Exemplos *

“Eu quería a Martiño porque me parecía simpático e era moi fotoxénico... pero Martiño non quería ser actor nin a tiros, e agora é unha estrela da televisión.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

“Como fuxir tamén dos editores, das críticas, dos libreiros mesmos e das horribles fotografías da solapa. Para máis, non son fotoxénica.” (Berta Dávila: A arte do fracaso / Correspondencia, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.