foula

Escuma do mar que lanza a proa do barco ao navegar ou que se levanta ao bater as ondas contra a costa ou cando fai moito vento

Etimoloxía

Palabra que procede da latina favilla ‘faísca’ ou ‘cinza’.

Exemplos *

“A foula que racha coa proa o bateeiro vai esmorecendo así que Suso reduce a marcha. Entrementres terma do leme coa man esquerda, saca a cabeza pola porta da cabina e manda aos homes que fundan o ferro e preparen as amarras para as lanzaren a terra.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

“Presentía o saibo salgado das cores: as xanelas acendidas en vermellos e verdes sobre o cal; as néboas a bater no mainel das penedías; os ocres das correolas arremuiñadas en mestura coas escumas das foulas níveas dos cons.” (David Pérez Iglesias: Estación Término / Cor de naufraxio, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.