Baile norteamericano de ritmo rápido, que se executa en parellas e que foi moi popular nos anos vinte.
Etimoloxía
Tomouse do inglés, onde se formou a partir de trot 'trote' e fox 'raposo', se ben pode que non teña relación co animal, senón co apelido do actor Harry Fox, que popularizou o baile nunha película.
Exemplos *
"Creo lembrar que un pouco antes unha parella xa madura bailara […] unha peza, quizais un fox-trot …" (Camilo Gonsar: Arredor do non)
"Destacaremos o fox-trot, melodía de carácter popular e ritmo acentuado, que usa compás de 4/4 en tempo moderado." (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.