fragata

Embarcación de guerra máis pequena ca o destrutor, utilizada como escolta e como defensa dos ataques dos avións e submarinos

Etimoloxía

Procede do italiano fregata, “especie de embarcación veloz”

Exemplos *

“Despois, baixo un ceo cuberto e con vento fresco de poñente, arriáronse botes e pasáronse as horas de luz á busca de calquera sigo de vida arredor da fragata (...)” (Xavier Alcalá: Alén da desventura, 1998)

“O celebrado heroe oficial da corte versallesca foi morrer a mans dun simple mariñeiro biscaíño enrolado nunha fragata inglesa.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.