fraguío, -a

Que está cuberto de maleza

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “fraga” que procede dun termo latino de orixe hispana fragum ‘lugar escarpado’ que bebería do clásico fragosus ‘áspero’.

Exemplos *

“Pero María e Salomé, escoltadas por Xosé e o mozo escriba, tiveron que partir noutra dirección, meténdose entre terras anfractuosas, por vieiros fraguíos, revirados e costentos, por engrobas, por escairos.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

“E para que as prevencións desaparezan, convén saber que a furtarlle o creto contribuíron as vellas misteriosas, cursarias na maldade e na rexouba, que moran nos fraguíos, aniñadas entre o mesto brual das bouzas centenarias.” (Victoriano Taibo: Da agra aberta. Contos e lendas, 1956)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.