Froito do framboeseiro, comestible, aromático e de cor vermella.
Etimoloxía
Formouse a partir do francés framboise, probablemente de orixe xermánica.
Exemplos *
"… se tía Polly, ou como raios se chamase, facía exóticas tortas de framboesa, érbedos e raños, as miñas tías facían saborosas empanadas e riquísimas orellas …" (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome)
"Unha nube, probablemente tóxica, invadiu a vila, os campos próximos e a costa impregnándoo todo dun forte cheiro a framboesa." (Teresa Moure: Herba moura).
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


