framboeseiro

Arbusto espiñoso da familia das rosáceas, de follas compostas, flores brancas en acios e froito comestible, aromático e de cor vermella

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre a voz “framboesa” que é tomada do francés framboise.

Exemplos *

“Non podo deixar de darlle voltas ao asunto... Certa estou de que el quería que recuperases os teus papeis, e iso debe significar algo. A que fala é Christina, que cala para levar á boca unha cunca de infusión de herba moura e framboeseiro.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

“E un, que nos tempos da nenez e mocidade asombrouse tantas veces coa descuberta dun framboeseiro acubillado entre unha camelia e unha parra dunha horta na beira do mar, e sorprendeuse de seguido coa textura veluda, a cor e o arrecendo da framboesa” (Uxío Labarta: La Voz de Galicia, 21-10-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.