franqueo

Cantidade de diñeiro que se paga en selos

Etimoloxía

Substantivo que remite a “franquear” e este crese que ao xermánico *frank ‘pobo que invadiu a Galia’.

Exemplos *

“Levara consigo unha boa provisión de papel e sobres , e selos de máis valor do debido , por se acaso subían as taxas de franqueo.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras / Rubén Cruzoi, 1994)

“Ese mesmo día na caixa do correo atopou unha carta , sen franqueo e fóra das horas de reparto habitual da carteira.” (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.