franxa

Parte estreita e longa dunha cousa, con características propias

Etimoloxía

Palabra que chega ao galego desde o francés frange con significado idéntico.

Exemplos *

“Arafat e Rabin, que participaron o pasado xoves na conferencia cumio do Cairo xunto co rei Husein de Xordania, e o presidente exipcio Husni Mubarak, reuniranse o próximo xoves en Erez , ó norte da franxa de Gaza.” (Axencia: O Correo Galego, 5-2-1995)

“A xustificación do investimento dunha importante partida orzamentaria á creación de casas de turismo rural, principalmente, e ironicamente naquelas zonas que apresentan un maior dinamismo: a franxa occidental do país.” (Olalla Rodil: Sermos Galiza, 2-11-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.