fraseoloxía

Conxunto de expresións ou frases feitas propias dunha lingua, dun medio, dun autor etc.

Etimoloxía

Crese que se incorpora desde o francés phraséologie ‘recolla de palabras feita para o estudo dunha lingua’.

Exemplos *

“Tamén puxo de manifesto que contén bastante fraseoloxía ou frases feitas e a información sobre a corrección de determinado tipo de palabras.” (Redacción: La Voz de Galicia, 07-06-1995)

“Non ofrece suficientes contidos sociolingüísticos, que representan unha porcentaxe mínima na formulación do espazo (iguais a fonética, morfoloxía e sintaxe e moi inferiores a antroponimia, toponimia e fraseoloxía).” (Goretti Sanmartín Rei: Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.