fraternidade

Relación de amizade e solidariedade existente entre irmáns ou entre persoas cando se senten coma irmáns.

Etimoloxía

Vén do latín fraternitas, -atis 'parentesco entre irmáns', formado a partir de frater, -tris 'irmán'.

Exemplos *

"… traballar en paz pola xusitza, a fraternidade universal e a felicidade de todos… tentar vivir en profundidade o misterio da existencia con todas as nosas limitacións …" (Victorino Pérez Prieto: A Nosa Terra 29-01-2009)

"Para esta ética o amor, a amizade, a fraternidade son relacións nas que se pode realizar o propio ser, pero tales sentimentos non están dados de antemán, senón que hai que conquistalos." (África B. López Souto: Simone de Beauvoir)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.