fraternizar

Dúas ou máis persoas traban unha amizade, chegándose a tratar como irmáns

Etimoloxía

Vocábulo derivado que toma como base “fraterno” que bebe do latín fraternus, -a, -um ‘de irmáns’.

Exemplos *

“O tempo que non adicaron ó coidado do barco, repasar redes, ou á pesca, destinárono a fraternizar coa xente do pequeno casal, ou a coñecer os arredores do mesmo.” (Xoán Bernández Vilar: A saga da illa sen noite, 2001)

“A política de manter cos seus empregados unha relación directa e persoal, (...), sen moitos requilorios nin reservas nin excesivos burocratismos e tamén por eso organizábanse de cando en cando xuntanzas, festas e excursións nas que xefes e subordinados fraternizaban sen pexas.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.