frauta

Instrumento musical de vento formado por un tubo oco con varios buratos

Etimoloxía

De orixe controvertida, quizais do occitano antigo flauta.

Exemplos *

“Podía sacarlle música só con acariciala. Cando era pequeno, e vivía na aldea, facía frautas cos talos do centeo. Frautas rudimentarias, das que apenas podía obter dúas ou tres notas.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

“Todo ó longo do programa era galego, gaitas, pandeiros e pandeiretas, frautas e acompañamento de cordas que facían fermoso concerto.” (Dora Vázquez: O Correo Galego, 28-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.