Amor que xorde de repente entre dúas persoas, a primeira vista.
Etimoloxía
Estamos ante un derivado de frecha e este substantivo procede do francés flèche 'frecha' que proviña do franco *fliukka 'voar'.
Exemplos *
"Das moitas formas que hai de namorar, existen algunhas fútiles e superficiais, que son así as que chaman amor á primeira vista ou frechazo" (Teresa Moure: Herba moura)
"Non acredito nos frechazos, pero asegúroche que algo sucedeu aí ó verte." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.